InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria pero soben os novos casos en Lugo

Baixa a presión hospitalaria pero soben os novos casos en Lugo

Os pacientes en planta baixan en dous, igual que os de coidados intensivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de altas volveu a superar ao de novos diagnósticos en Galicia, o que permitiu que os casos activos de covid-19 caian por quinto día consecutivo, ata os 19.966.Con todo, a presión hospitalaria segue sendo moi alta.

Así, os pacientes ingresados con covid-19 volveron a descender lixeiramente en nove, ata colocarse nos 1.274. Con todo, isto débese á baixada rexistrada nas plantas convencionais, onde hai 1.026 persoas –10 menos–, posto que nas unidades de coidados intensivos (UCI) son unha máis que onte, un total de 248.

Con todo, na área de Lugo-A Mariña-Monforte si se rexistrou un leve descenso con 95 ingresados en total (-2), dos cales 28 (-2) están en coidados intensivos.

CASOS ACTIVOS

Tamén a cifra global de casos activos –persoas que aínda padecen a enfermidade– segue coa súa tendencia descendente despois de rozar os 23.000 o pasado 29 de xaneiro. Nos datos deste domingo, Sanidade informa dun total de 19.966 pacientes de covid, 921 menos que unha xornada atrás. En Lugo-A Mariña-Monforte a baixada foi de 94 casos, ata os 1.963.

NOVOS CASOS DETECTADOS

Con todo, soben os novos casos, a pesar da baixada en 86 do conxunto de Galicia que deixou os positivos nun só día en 833. Na provincia de Lugo houbo un caso máis que o día anterior ao sumar 92.

PCR E POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade en Galicia –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– volveu a subir ata o 7,5%, despois de situarse no 6,4% o sábado. Atopase lixeiramente por encima do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia e leva sen baixar desa cifra desde o 24 de decembro.

ÚLTIMAS

Fabiola García destaca en Lugo o papel das viúvas galegas como referentes no asociacionismo feminino

A cidade de Lugo acolleu este sábado o 48º Congreso da Asociación de Viúvas de Galicia, unha...

A Garda Civil detén en Lugo un implicado nunha rede internacional de tráfico de especies protexidas

Un home foi detido en Lugo no marco da operación Namib, un dispositivo a gran escala desenvolvido...

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...