InicioSociedadeMonbus recorta liñas a partir desta fin de semana por mor das...

Monbus recorta liñas a partir desta fin de semana por mor das restricións

Os cambios afectarán a aquelas liñas con saída programada a partir das 18:00 horas de luns a venres, en traxectos de máis de 50 quilómetros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O grupo de transportes de viaxeiros Monbús reformará os seus servizos e horarios de autobús en fins de semana e festivos a partir deste sábado ante as restricións de movemento da poboación impostas polas autoridades para conter a propagación da pandemia de covid-19.

Os cambios afectarán a aquelas liñas con saída programada a partir das 18:00 horas de luns a venres, en traxectos de máis de 50 quilómetros.

A empresa anuncia así que os cambios terán en conta a suspensión temporal das clases presenciais na universidade, a limitación horaria das actividades comerciais ou o peche total da hostalería.

Monbus “garantirá a continuidade dos servizos” a persoal de centros médicos ou educativos, e “segue atentamente a evolución da actual situación sanitaria e as directrices e recomendacións recibidas por parte das administracións públicas”. Engade que a información sobre o estado dos servizos actualizarase constantemente no seu portal da internet e de redes sociais.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...