InicioSociedadeOs hospitais de Lugo seguen notando a presión tras a continua suba...

Os hospitais de Lugo seguen notando a presión tras a continua suba de casos

O Sergas informa de 72 persoas ingresadas por coronavirus, quince delas en unidades de críticos. Nas últimas 24 horas confirmáronse 91 positivos novos na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 26 de xaneiro un total de 1.798 casos activos de coronavirus, 67 máis ca os contabilizados onte. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de que se confirmaron 91 positivos novos a través de PCR nas últimas 24 horas. É unha cifra inferior a dos últimos días, nas que se superaba sobradamente o centenar de contaxios detectados.

Os hospitais seguen a sufrir as consecuencias da suba de incidencia. Na xornada de hoxe cóntanse 72 persoas ingresadas por Covid-19 (+6), das cales quince están a ser atendidas en unidades de críticos. O HULA ten 29 pacientes en planta e 14 na UCI; o da Mariña 19 en planta e 1 na UCI; o de Monforte, oito; e o Polusa, 1.

Así mesmo, á última hora da tarde de onte Sanidade comunicou o falecemento doutras dúas persoas na provincia de Lugo, polo que o total de vítimas mortais dende o inicio da pandemia sitúase nas 162. Dende marzo do ano pasado curáronse 7.501 persoas e fixéronse 151.191 PCR (1.177 delas onte).

MÁIS DE 20.000 CASOS ACTIVOS EN GALICIA

Galicia superou a barreira dos 20.000 casos activos de Covid-19 desde o inicio da pandemia ao rexistrar 20.481 e rexistra un aumento da presión asistencial ao sumar outros 47 ingresados con este virus, o que sitúan os hospitalizados en 1.201. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na...

Conmemoran a batalla do Porto de Bois e reivindican “Altri non”

Coincidindo coa xornada de conmemoración da batalla de Porto de Bois, xuntouse un grupo...

Lugo rexistra un terremoto de magnitude 3.6 que se fixo notar

Un terremoto de magnitude 3,7 na escala de Richter con epicentro en Sarria foi...

Un policía local de Lugo fóra de servizo practica un RCP e sálvalle a vida

Un policía local de Lugo que se atopaba fóra de servizo practicou unha manobra de...