InicioSociedadeO xefe de Oncoloxía no HULA: "En Galicia tómanse medidas e en...

O xefe de Oncoloxía no HULA: “En Galicia tómanse medidas e en Madrid divírtense”

Sergio Vázquez é un dos profesionais integrantes do comité clínico que asesora a Xunta de Galicia na xestión da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xefe de Oncoloxía do Hospital Lucus Augusti (HULA), Sergio Vázquez, un dos 35 integrantes do comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia,  amosouse indignado por certos comportamentos e actitudes nesta terceira onda da pandemia.

“Non entendo absolutamente nada. Madrid realmente é un problema para España. Mentres en Galicia Feijóo toma medidas restritivas serias baseadas na evidencia e recomendacións do comité clínico, en Madrid divírtense“, criticou. Así o manifestou na súa conta de Twitter, na que apelou ao “sentidiño” porque lembra que “agora toca tamén responsabilidade cidadá”.

En Galicia, as medidas endurécense dende este mércores: peche de todos os concellos galegos, xuntanzas limitadas a conviventes, peche da hostalaría, apertura do comercio non esencial só ata as 18:00 horas, deporte soamente individual e ao aire libre con máscara…

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....