InicioSociedadeO 'Dicionario galego para boomers', a xenial idea do alumnado do IES...

O ‘Dicionario galego para boomers’, a xenial idea do alumnado do IES Leiras Pulpeiro

Shippeo, crush, 24/7... Estudantes de 1º da ESO explican en Instagram o significado de expresións propias da linguaxe da xente nova

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sentiron falar a rapazada sobre shippeos ou sobre que tal persoa é o seu crushSe cadra sóalles algo allea esta linguaxe e mesmo teñen dificultades para seguir o ritmo de tantas palabras novas, moitas delas procedentes do mundo da Internet. Acabouse o non entender! O alumnado de 1º da ESO do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) puxo en marcha un proxecto que explica toda esta terminoloxía: é o ‘Dicionario galego para boomers’.

A través de publicacións no seu perfil de Instagram, van compartindo definicións de conceptos moi usados no día a día pola xente máis moza. Acompañan o texto de exemplos prácticos cos que amosan a utilización da palabra nun contexto axeitado.

A idea está a ser moi celebrada no ámbito das redes sociais por combinar o compromiso co idioma e mais a proximidade coas novas xeracións.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...