InicioSociedadeRescatan un condutor que caeu por un barranco en Navia de Suarna

Rescatan un condutor que caeu por un barranco en Navia de Suarna

O envío das coordenadas vía WhatsApp posibilitou a localización do afectado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor foi rescatado polos efectivos de emerxencia despois de sufrir un accidente co seu coche, que se precipitou por un terraplén no termo municipal de Navia de Suarna.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o sinistro ocorreu ao redor das 23:00 horas da noite do sábado na estrada LU-P-3501, á altura da parroquia de Galegos. O envío das coordenadas da súa posición a través da aplicación de mensaxería WhatsApp foi clave para que os servizos de emerxencias desen co accidentado.

Unha vez posto a salvo, o ferido foi trasladado por unha dotación de Urxencias Sanitarias 061 ao Hospital Lucus Augusti de Lugo para recibir atención médica.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...