InicioSociedadeLugo suma outras dúas vítimas da pandemia e xa alcanza os 160...

Lugo suma outras dúas vítimas da pandemia e xa alcanza os 160 falecementos

Trátase dunha usuaria do asilo de Ribadeo que faleceu no Hospital da Mariña e mais doutro home que estaba ingresado en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de comunicar outros dous falecementos de persoas que foran diagnosticadas de coronavirus na área sanitaria de Lugo. Trátase dunha muller de 83 anos que morreu no Hospital da Mariña, procedente do asilo San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo; e dun home de 86 que estaba ingresado no Hospital de Monforte.

Segundo datos do Sergas, a provincia alcanza así as 160 vítimas mortais dende o inicio da pandemia. No conxunto galego, supérase a marca dos 1.600 falecementos tras os nove decesos comunicados no día de hoxe.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...