InicioSociedadeOs casos dispáranse en Lugo ao confirmarse 151 novos positivos nun día

Os casos dispáranse en Lugo ao confirmarse 151 novos positivos nun día

Aumenta a presión na unidade de críticos do HULA, con dez pacientes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica da provincia de Lugo é cada vez máis preocupante, tal como advertía onte o xerente da área sanitaria, Ramón Ares. Nas últimas 24 horas detectáronse 151 casos de coronavirus a través de PCR, se ben o número de probas efectuadas foi máis alto ca de costume. Os positivos activos sitúanse xa nos 1.449 (88 máis ca onte).

Segundo datos do Sergas, os hospitais da provincia teñen un menor cómputo total de pacientes, pero aumenta a presión nas UCI. Así, das 46 persoas ingresadas, o HULA ten 18 en planta e dez na UCI; o da Mariña, 16; e o de Monforte, dúas.

No día de onte, o Sergas comunicou 18 vítimas mortais da pandemia, pero ningunha delas na provincia, polo que se seguen contabilizando 158 falecementos en Lugo. Do mesmo xeito, os datos históricos tamén revelan que se curaron 7.526 persoas dende o inicio da pandemia e que se realizaron 145.979 probas PCR (1.816 onte, unha cifra bastante máis elevada ca a habitual).

Estas cifras virán acompañadas, seguramente, dun endurecemento das restricións nalgúns concellos, tal como avanzou onte o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O xerente da área sanitaria lucense, Ramón Ares, pedía onte aos veciños da provincia que se autoconfinaran e evitaran ao máximo as relacións sociais.

DE RÉCORD EN RÉCORD

A situación é aínda peor no conxunto da comunidade galega, que volve superar o máximo de contaxios con 1.082 casos confirmados nas últimas 24 horas. Con todo, o máis desfavorable é a traslación destes datos aos hospitais, que volven ver incrementada a presión asistencial con outros 53 ingresos. Hai  795 pacientes en planta e 137 en unidades de críticos.

ÚLTIMAS

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...

Carmela López reivindica o papel da muller na política na súa elección como presidenta da Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, foi elixida este mércores como nova...