InicioSociedadeA Xunta pecha a hostalaría e a actividade non esencial en Viveiro

A Xunta pecha a hostalaría e a actividade non esencial en Viveiro

Tamén padecerán estas restricións os municipios de Xinzo e Arteixo, concellos de máis de 10.000 habitantes cunha incidencia por riba dos 1.000 casos por 100.000 residentes

PUBLICADA O

- Advertisement -

Consellería de Sanidade ordenou o peche completo da hostalaría e a suspensión de actividades non esenciais en tres municipios: Arteixo, Viveiro e Xinzo, municipios de máis de 10.000 habitantes que preocupan aos expertos de forma especial porque presentan unha incidencia por encima dos 1.000 casos por 100.000 habitantes a 14 días.

Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que compareceu en rolda de prensa para informar as decisións tomadas este luns no seo do comité clínico de expertos que asesora á Xunta en materia de coronavirus.

Ademais de incorporar 55 concellos adicionais ao nivel de restrición máximo, García Comesaña explicou a “especial preocupación” da Xunta pola evolución da covid nestes tres municios, que teñen “un número importante de habitantes” e presentan unha incidencia catro veces superior ao límite de alerta.

Por iso, establece un nivel especial de restricións para Arteixo, Xinzo e Viveiro, onde deberá pechar por completo a hostalaría e suspenderse as actividades non esenciais.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...