InicioSociedadeDous falecidos pola covid da Residencia de Xove nun día no que...

Dous falecidos pola covid da Residencia de Xove nun día no que se comunican 24 vítimas en Galicia

Os falecidos procedían da Residencia San Bartolomeu.

PUBLICADA O

A terceira onda entrou xa de cheo en Galicia, e xa non só en número de casos de contaxiados, senón en número de falecidos, con cifras que lembran as peores rexistradas no país pola Covid. E, nesta nova onda a provinca máis afectada é a Coruña que rexistra 17 falecidos. En total, a cifra de falecidos en toda Galicia nos últimos días foi de 24, deles 11 procedentes de residencias.
A Consellería de Sanidade, incorporou neste reconto a vítimas que faleceron en distintos días, desde o pasado 14 de xaneiro ata este mesmo luns, 18 de xaneiro, a pesar de que diariamente aporta información ao respecto. Precisamente, este domingo eran nove os falecidos reportados.
A xornada deste luns, 18 de xaneiro, taménd feixa dous falecidos de Lugo. Trátase dun home de 87 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia San Bartolomeu de Xove e unha muller de 83 anos na residencia San Bartolomeu de Xove o día 15.
Así, a peor provincia é a da Coruña e, especialmente, as cidades da Coruña e Ferrol. Na primeira delas morreron cinco persoas. Trátase dunha muller de 92 anos no CHUAC o día 18, un home de 86 anos no CHUAC día 16, outro de 87 anos no CHUAC o día 17, unha muller de 92 anos na residencia Santa Teresa de Jornet o día 17 e un home de 81 anos na mesma residencia o día 18.
Na área sanitaria de Ferrol son catro os falecidos, un home de 79 anos o día 17, outro de 88 anos  o día 15, unha muller de 84 anos o día 18 e outra de 91 anos o día 17. Todos eles no CHUF. Pola súa banda, no CHUS de Santiago morreu un home de 87 anos o día 18, outro de 61 o día 17 e unha muller de 74 anos tamén ese mesmo día.
Ademais, na provincia coruñesa rexistraronse outros catro falecementos en residencias. Un home de 84 anos na residencia de maiores de Ribeira o día 17 e outro de 83 anos na residencia integrada CEGADI de Santiago o día 17 que procedía da residencia de maiores de Ribeira. Tamén morreu unha muller de 90 anos na residencia DomusVI de Vimianzo o día 17 e outra de 94 anos na mesma residencia o día 16.
Na área sanitaria de Vigo os falecidos foron cctro. Trátase dun home de 82 anos que morreu o día 17 no CHUVI. Tamén no hospital vigués morreu un home de 66 anos o día 17 que procedía da residencia Paz e Ben de Tui. Tamén faleceu un home de 63 anos no hospital Vithas Fátima de Vigo o día 15 e unha muller de 93 anos na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo o día 14. Procedía da residencia Moledo de Vigo.
Finalmente, tamén se rexistrou a morte dunha muller de 57 anos o día 18 no CHOP de Pontevedra e unha muller de 91 anos na Residencia de Maiores Santa María de Verín o día 17. Todos os falecidos, agás a muller de 57 anos, tiñan patoloxías previas.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...