InicioSociedadeUn meteorito cruzou Galicia e a bóla de lume avistouse dende Lugo...

Un meteorito cruzou Galicia e a bóla de lume avistouse dende Lugo e O Bierzo

A SPMN confirma a detección desta pedra cósmica, que provocou unha explosión de luz e ruído.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha pedra cósmica cruzou durante a madrugada deste luns o ceo de Galicia tras impactar na atmosfera terrestre, o que provocou unha explosión moi rechamante de luz, que varias testemuñas definiron como “bóla de lume” e que causou algunhas detonacións, que mesmo fixeron vibrar algunhas ventás.

Así o confirmou o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo, quen, consultado por Europa Press, explicou que esta pedra cósmica é “un meteoroide que vira en torno ao sol e que na súa traxectoria pode impactar na atmosfera dalgún planeta de interporse este no seu camiño”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...