InicioSociedadeO toque de queda adiántase ás 22:00 horas e Lugo volve quedar...

O toque de queda adiántase ás 22:00 horas e Lugo volve quedar pechado perimetralmente

A situación da capital lucense é "a mellor" das sete cidades galegas, así que non se prevé que as restricións vaian máis aló do nivel medio-alto nos vindeiros días. Vilalba, Viveiro e Xove están en alerta máxima, polo que a mobilidade tamén queda limitada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia adianta a partir do venres o toque de queda ás 22:00 horas, toda a hostalaría deberá pechar a partir das 18:00 horas e os comercios terán un horario máximo ata as 21:30 horas. Estas medidas súmanse ás recomendacións de evitar ao máximo as reunións ou encontros con non conviventes, que están limitadas a catro persoas en toda a comunidade, e de levar a cabo unicamente actividades “esenciais”.

Así o anunciou o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nunha comparecencia esta mesma mañá. Na intervención, Feijóo tamén precisou que a regra xeral para todos os municipios é que pasan aos dous niveis máis altos de restricións. As sete cidades galegas quedan pechadas perimetralmente, pero a situación dunhas e outras non é equivalente.

De feito, Lugo manterase unicamente no nivel de restricións medio-alto (non no máximo) e, por ser “a mellor cidade de Galicia” en canto á evolución da pandemia, non se prevé que se amplíen as restricións nos próximos días.

Ao situarse neste nivel de alerta, os locais hostaleiros de Lugo poderán servir no interior ao 30% da súa capacidade e nas terrazas ao 50%.

VILALBA, VIVEIRO E XOVE: PECHE POR ALERTA MÁXIMA

Mais non só as sete cidades quedan pechadas, senón que hai un total de 60 concellos no nivel máximo de restricións que tamén verán limitada a súa mobilidade. No caso da provincia de Lugo, isto afecta aos municipios de Vilalba, Viveiro e Xove. No resto de concellos hai liberdade de  movementos, aínda que se recomenda non saír do concello agás para circunstancias esenciais (por causas sanitarias, laborais ou de educación).

Do mesmo xeito, Feijóo referiuse especialmente ás medidas aplicadas sobre o sector hostaleiro. “Pode haber menos contaxios nos bares ca nas reunións familiares”, admitiu, malia defender a necesidade de vixiar máis estes espazos pola maior exposición a contactos. Pediu, iso si, “que non se faga trampas” e que non se trasladen as xuntanzas aos fogares, nos que recomendou que non entren máis persoas ca as da propia unidade familiar.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...