InicioSociedadeO centro de maiores de Castroverde recibe os primeiros dez usuarios residentes

O centro de maiores de Castroverde recibe os primeiros dez usuarios residentes

Tanto o cadro de persoal coma os internos tiveron que someterse a unha proba PCR antes de ingresar, e está previsto que se inclúan no plan de vacinación do Sergas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os primeiros dez usuarios e usuarias do Residencial O Castro, en Castroverde, entran a vivir no centro este martes e este mércores, logo de que decidiran pasar as festas do Nadal na casa e realizar o ingreso no mes de xaneiro. Con anterioridade á súa incorporación, efectuóuselles unha proba PCR con resultado negativo, ao igual que ao cadro de persoal que traballa no centro.

Esta residencia, de titularidade provincial, irá recibindo máis usuarios de maneira paulatina, tendo en conta a evolución da pandemia na provincia e a adaptación destas persoas que agora estrean as instalacións.

En canto á súa vacinación fronte á Covid-19, a Deputación informará ao Sergas dos novos ingresos e fixará coas autoridades sanitarias un novo calendario para poñérenlle a vacina aos usuarios. No resto de centros de atención a maiores da Deputación, xa se aplicou a primeira dose do antídoto ao 100% de usuarios e empregados.

O presidente da Deputación, José Tomé, celebra que o residencial O Castro “estea xa cheo de vida” e recoñece que era un servizo “moi esperado e demandado polo Concello e a veciñanza”.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...