InicioSociedadeSobe a presión hospitalaria na provincia, que tamén ten máis casos activos

Sobe a presión hospitalaria na provincia, que tamén ten máis casos activos

A área lucense é a única galega coa taxa de positividade por baixo do 5% recomendado pola OMS.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo segue medrando. Este martes 12 de xaneiro, o Sergas contabiliza 810 casos activos (32 máis ca onte) e informa dun lixeiro aumento da presión hospitalaria, ao pasar dos 24 aos 27 ingresos.

Se ben hai un paciente menos na UCI do HULA (dous, fronte aos tres de onte), Sanidade notifica a presenza doutras oito persoas ingresadas neste hospital. A elas hai que sumarlles outras catro que están a ser atendidos en Monforte, e os trece do Hospital da Mariña, a zona cuxa evolución máis preocupa.

Así mesmo, no conxunto da provincia confirmáronse 38 novos casos a través de PCR nas últimas 24 horas. Segundo Sanidade, a de Lugo é a única área galega coa taxa de positividade inferior ao 5%, tal como recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS). En concreto, o dato é do 4,5% de positivos.

Por outra banda, dende o inicio da pandemia faleceron 148 persoas diagnosticadas con Covid-19 en Lugo. Curáronse 6.815 e realizáronse 134.704 PCR (1.052 na última xornada).

ÚLTIMAS

Coñece a programación da Semana de Cinema de Autor de Lugo: 148 filmes e homenaxe a María Vázquez

Máis de 148 películas formarán parte este mes de setembro da Semana de Cinema de...

Outro incendio rexistrado nunha nave do Ceao provoca cuantiosos danos materiais, aínda que non se rexistran vítimas

Un incendio declarado na noite deste mércores nunha nave do polígono industrial de O...

Vicepresidencia da Deputación de Lugo non dará apoio económico a actividades con participación israelí

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do BNG, anunciou que non financiará actividades nin...

Detido en Lugo por ameazar con navalla a dous menores que xogaban na rúa

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home de 64 anos de idade...