InicioSociedadeO banco de alimentos de Lugo repartiu case cen toneladas de comida...

O banco de alimentos de Lugo repartiu case cen toneladas de comida no Nadal

A presidenta da entidade advirte sobre as dificultades para chegar a fin de mes dun milleiro de familias na capital da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do Banco de alimentos de Lugo, Amadora Núñez, calcula que se repartiron “preto de cen toneladas” de comida durante as festas de Nadal a través das tres sedes coas que conta a entidade na provincia (Lugo, Monforte e Foz).

Amadora Núñez puntualizou que estes días dispuxeron de “tenreira, pito, capóns, tamén patacas, leite, arroz, macarrones, batidos e zumes”. “Tivemos de todo”, destaca. Tamén se empezou a ter en conta a zona de Sarria, “que está moi necesitada” e a onde se enviaron dous tráilers.

A cobertura chegou a unhas “dúas mil familias”, tal como estima. O groso das mesmas está na cidade de Lugo, con máis dun milleiro. Núñez chama a atención sobre a axuda que requiren estas persoas que non chegan a fin de mes.

“Unha mamá soa, un papá só traballando só cos salarios que perciben non lles chega para soster á familia. Son salarios de 700 ou 800 euros, mesmo de 600. Ou xente a media xornada que logo traballan xornada completa e non lles chega. Teñen que facer fronte aos recibos, roupa, comida… Aí ou traballan os dous ou, se non, non chega”, explicou.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...