InicioSociedadeA estrada do Piornedo queda aberta ao tráfico despois dos desprendementos

A estrada do Piornedo queda aberta ao tráfico despois dos desprendementos

A Deputación ten previsto mellorar o firme cando as condicións meteorolóxicas melloren.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo abriu ao tráfico a estrada do Piornedo, en Cervantes, tras eliminar da vía as pedras que se desprenderon o pasado 1 de xaneiro.

A institución provincial mobilizou medios humanos e técnicos para despexar a estrada “no menor tempo posible, co obxectivo de dar unha solución que garanta a seguridade viaria dos usuarios e usuarias que utilizan esta vía de comunicación”, explica.

O incidente ocorreu á altura do punto quilométrico 16,100, a uns dez quilómetros do Piornedo, quedando totalmente cortada polas pedras e a terra que se desprendeu. Posteriormente, acometéronse traballos para consolidar os noiros.

A Deputación de Lugo explica que ten previsto rexenerar o firme cando as condicións meteorolóxicas melloren “xa que estes días o temporal de neve e xeo dificultan e impiden estas actuacións”.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...