InicioSociedadeDescenso importante de novos casos na provincia que pasa de 41 a...

Descenso importante de novos casos na provincia que pasa de 41 a 13

O número de hospitalizados é de 13, tres deles na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos de coronavirus detectados en Galicia nas últimas 24 horas descendeu lixeiramente, un total de 16, ata situarse en 261 fronte aos 277 da xornada anterior, aínda que aumentan en 15 os casos activos, ata alcanzar a cifra de 5.523. O número de hospitalizados rexistra un descenso, aínda que escaso, seis menos, ata situarse en 347.

Así figura no balance de datos da pandemia ofrecidos pola Consellería de Sanidade este martes. Das 347 persoas hospitalizadas con diagnóstico de covid-19 nas sete áreas sanitarias galegas, 56 atópanse na UCI, dúas menos respecto da xornada anterior. Por áreas, en Lugo descenden a 13 os hospitalizados –un menos– con tres deles en críticos –sen cambios–.

BAIXAN Os POSITIVOS DIARIOS

En canto á detección de casos, Galicia sumou 261 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un descenso respecto da xornada anterior, 16 menos. A área de Lugo-A Mariña-Monforte que de rexistrar 41 na xornada anterior pasa a 13, segundo os últimos datos de Sanidade.

TAXA DE POSITIVIDADE E ACTIVOS

Así mesmo, a web de Sanidade recolle que ata a data practicáronse en Galicia un total de 1.100.629 probas PCR, o que implica que no último día fixéronse 3.881. Máis de 1.000 menos que o día anterior.

En canto aos casos activos –persoas que seguen diagnosticadas de covid-19–, Galicia rexistra un lixeiro aumento fronte á baixada das últimas xornadas. Así, Sanidade contabiliza 5.523 pacientes con infección activa, 15 máis respecto ao día anterior. en Lugo hai 397 contaxiados, mesma cifra que a xornada anterior.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...