InicioSociedadeA provincia de Lugo recibirá as súas primeiras vacinas contra a covid...

A provincia de Lugo recibirá as súas primeiras vacinas contra a covid este martes

Un centro de maiores de Burela será o primeiro en recibir as vacinas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) retomará este martes a vacinación contra a covid-19 en residencias das sete área sanitarias coas 350 doses de Pfizer-BioNTech que quedaron de reserva do domingo, cando se forneceron as primeiras 150 a usuarios e traballadores do centro Porta do Camiño de Santiago de Compostela, das 500 remitidas polo Goberno central.

Trátase dunha decisión avalada na tarde deste luns polo comité clínico que asesora á Xunta na pandemia. Segundo sinalaron fontes da Consellería de Sanidade, este órgano aposta por “non perder un só día” no plan de vacinación, a pesar do atraso da segunda remesa de dose de Pfizer –18.000 para Galicia– que estaba prevista para chegar este luns pero que finalmente o fará o martes.

Na provincia de Lugo, a vacinación contra a covid-19 arrincará ás 10,00 horas na residencia de Burela. En concreto, recibirán a dose un total de 65 persoas, entre anciáns e empregados.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...