InicioSociedadeOs médicos de familia advirten que a Atención Primaria "non está preparada"...

Os médicos de familia advirten que a Atención Primaria “non está preparada” para a vacinación

Lorenzo Armenteros, portavoz da SEMG e doutor en Lugo, asegura que non se reforzou o persoal dos centros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Médicos de familia advirten que, na “situación actual” e ante “unha teórica vacinación masiva” da poboación a Atención Primaria “non estaría preparada” para esta campaña porque “non se reforzou” con máis persoal. Así o expresa o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), o doutor Lorenzo Armenteros, que exerce no centro de saúde Illas Canarias (Lugo).

“Seguimos na mesma situación que tivemos ao longo de toda a pandemia. Non se realizou ningún reforzo en canto ao persoal”, insiste. Lorenzo Armenteros celebra a “formación específica” que se está realizando nos centros de saúde de cara á administración das doses de Pfizer, que “teñen unhas condicións particulares de conservación”, pero reitera que a “falta de persoal” fai que a Primaria “non estaría preparada”.

Nunha xornada na que millóns de familias celebrarán reunidas a Noiteboa, o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia recomenda que as ceas e comidas destas datas se celebren en lugares que se poidan ventilar “cada certo tempo” para que o aire circule “dunha forma activa”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....