InicioSociedadeMáximo seis persoas nas comidas de Nadal, nas que se recomenda reunirse...

Máximo seis persoas nas comidas de Nadal, nas que se recomenda reunirse só con conviventes

Galicia avanza o seu plan para a celebración destas festas, nas que a comunidade permanecerá pechada perimetralmente. As xuntanzas quedan limitadas a dúas unidades familiares, aínda que se aconsella reducir os contactos ao máximo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O plan de celebración do Nadal deseñado polo comité clínico da Xunta inclúe como recomendación principal que as reunións se limiten aos conviventes. En caso de que sexa necesario incorporar algún membro máis —por exemplo, unha persoa maior que viva soa—, establécese que como máximo poden xuntarse dúas unidades familiares.

En todo caso, o límite que se dispón por se non se cumpre a cuestión das unidades familiares é de seis persoas, sen contar aos menores de dez anos no cómputo global. “É o último Nadal sen vacina, non o tiremos pola borda”, remarcou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na comparecencia posterior á xuntanza do comité clínico que asesora a Xunta. Nela, o conselleiro adiantou que Galicia permanecerá pechada perimetralmente dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro.

Ademais, detallou outras recomendacións: reducir as relacións sociais nos días previos ás reunións, non compartir bebida, desinfectar as mans, reunirse ao aire libre de forma preferente e ventilar ben as estancias. Así mesmo, pediu “non facer trampas ao solitario”; é dicir, non pasar Noiteboa e Nadal cunha unidade familiar e Noitevella e Aninovo con outra, pois iso suporía xuntarse con varios núcleos de convivencia.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...