InicioSociedadeBaixan os casos activos e os ingresos, pero volven subir os positivos...

Baixan os casos activos e os ingresos, pero volven subir os positivos diarios

A área sanitaria de Lugo conta 27 pacientes, catro deles na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo segue en descenso. Segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este venres 11 de decembro, Lugo rexistra 571 positivos, 20 menos ca os contabilizados onte. Porén, volven aumentar os casos diarios, ao confirmarse 25 novos positivos a través de PCR nas últimas 24 horas. Onte foran 16.

En canto á presión asistencial, é menor na provincia de Lugo, cuxos hospitais acollen 27 pacientes ingresados con Covid (catro menos).  O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 14 persoas en planta (-5) e catro na UCI (=), o da Mariña, cinco (+1); e o de Monforte, catro.

Segundo datos ofrecidos polo Sergas, ata o día de hoxe faleceron na área de Lugo 139 persoas por mor da pandemia. Onte comunicábase o deceso dunha muller de 93 anos e un home de 69, este último usuario do asilo de Vilalba.

Por outra banda, na última xornada documentáronse 43 altas, polo que a cifra de persoas curadas pasa a ser de 5.866 dende o inicio da pandemia. Asemade, fixéronse 110.098 probas PCR, das cales 964 se realizaron onte.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...