Estes son os concellos de Lugo libres da Covid

Non rexistraron ningún caso nos últimos 14 días. Hai unha baixada de pacientes nos hospitais, pero soben, novamente, os casos diarios na provincia.

Evolución dos falecidos en Galicia con covid-19.. EPDATA

Galicia contabiliza este sábado un total de 74 concellos nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, o que implica o 23,6% dos 313 concellos galegos. Despois de Ourense, con 46 municipios, Lugo é a provincia que menos casos ten, con 20 concellos libres da Covid.

Segundo o mapa que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, este número supón que case o 30% das 67 localidades que compoñen a provincia leven sen rexistrar ningún caso de Covid nos últimos 14 días, aínda que son catro máis que hai unha semana.

Trátase de Barreiros, Trabada, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Sober, O Valadouro e O Vicedo.

CASOS DIARIOS

Por outra banda, a área de Lugo-A Mariña-Monforte é a que ten menos casos de COVID nos hospitais, cun total de 26, dous menos que 24 horas atrás. Ademais, hai un só paciente ingresado en UCI na pacientes da área sanitaria luguesa.

Con todo, houbo unha suba de contaxiados nas áreas de Lugo-A Mariña-Monforte, que suman 39 novos casos (+7).

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here