InicioSociedadeReclaman inspeccións semanais "sen previo aviso" para controlar as condicións dos xeriátricos

Reclaman inspeccións semanais “sen previo aviso” para controlar as condicións dos xeriátricos

A Federación Veciñal de Lugo pídelle á Xunta que supervise o modelo de xestión dos centros privados, que son os que máis falecementos acumulan durante a pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo reclámalle á Xunta de Galicia que “os equipos de inspección da Consellería correspondente” fagan “visitas semanais sen previo avisoás residencias de maiores da provincia, ante “xestións inadmisibles como as de DomusVi ou outras moitas repartidas pola xeografía lucense”.

A federación veciñal afirma que “máis do 50% dos falecidos” por mor da pandemia correspóndense “con residentes maiores en centros privados ou concertados”. Por iso, sostén que é “palpable, e así está a ser denunciado, o abandono e o trato indigno que reciben en moitos casos” os anciáns, especialmente en centros de “xestión privada, en mans de fondos voitre, onde as persoas maiores son un negocio para eles”, o que provoca “recortes en todas as prestacións, na alimentación e na súa actividade diaria”.

Por iso, este colectivo tamén reclama outro “modelo de xestión xeriátrica”, que “quizais requira” mesmo da aprobación dunha “nova lei” para protexer os dereitos das persoas maiores.

DIGNIDADE

“Demandamos un trato humano impecable e con celo extremo”, “ratios de persoal cualificado”, “servizos preferente públicos”, un “control sanitario, hixiénico e de menús diario“, un “exhaustivo control da medicación prescrita e dos seus horarios” e “actividades diarias segundo a persoa, físicas, neurolóxicas e de entretemento”, engade.

“Estas reivindicacións farémosllas chegar ás consellerías de Política Social e de Sanidade”, ante a “alarma social” que xerou a situación de determinadas residencias, “á vez que pedimos información sobre os seus plans inmediatos”, conclúe.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...