Morre en Santiago un home procedente dunha residencia de Guntín

Este xoves morreron seis persoas en toda Galicia pola Covid.

Un traballador sanitario traslada a un paciente de covid /EP

A Consellería de Sanidade notificou este martes o falecemento de seis persoas infectadas con coronavirus en Galicia, co que a cifra total de mortes desde o inicio da pandemia na comunidade elévase a 1.176.

Un destes falecidos procedía da Residencia de San Salvador de Guntín. É a segunda persoa que falece deste centro no que vai de semana. Tratouse dun home de 79 que morreu no no Cegadi (Santiago).

En concreto faleceu un home de 70 anos, no Hospital de Pontevedra, outro de 102 no de Monforte, unha muller de 88 anos, no Chus de Santiago e outro de 63 no Complexo Hospitalario da Coruña. Tamén faleceu unha muller de 90 anos no Chomplexo Hospitalario de Vigo que procedía da Residencia Ballesol de Vigo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here