InicioSociedadeEsquerda Unida esíxelle ao Concello de Lugo que peche os locais e...

Esquerda Unida esíxelle ao Concello de Lugo que peche os locais e clubs de alterne

Lembran que a prostitución é unha forma de violencia contra a muller, agora aínda máis evidente ao estar nunha situación de vulnerabilidade polo risco de contaxio de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Esquerda Unida pídelle ao Concello de Lugo que obrigue ao peche dos locais e clubs de alterne “como unha forma de loitar para erradicar esta forma de violencia contra a muller”. 

Un día antes do 25-N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller), Esquerda Unida recalca que “a prostitución, a prostitución forzada e a explotación sexual son unha forma de violencia de xénero que constitúen violacións da dignidade humana”. Ademais, a actual situación de pandemia coloca nunha posición de “vulnerabilidade” as mulleres prostituídas, co risco de propagación de gromos.

Daquela, esíxenlle ao Concello que proceda ao peche deste tipo de locais, cuxas licencias “precisan revisión e control”. Lembran que esta demanda xa a presentaron ante a Xunta de Galicia, sen obter aínda resposta afirmativa, mentres que outras comunidades como Castela A Mancha xa aprobaron recentemente a medida de peche destes establecementos.

“Parece evidente que nos últimos tempos hai unha especial sensibilidade entre colectivos sociais, políticos e administracións sobre a necesidade de peche dos locais onde se exerce a prostitución”, sinalan. Por todo isto, instan ao Concello a que revise as licencias dos clubes e que faga efectivo que Lugo é unha cidade libre de trata.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...