O número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo baixa ata os 1.097, 20 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Redúcese tamén o número de contaxios: nas últimas 24 horas confirmáronse 38 novos positivos a través de PCR, fronte aos máis de cincuenta que se detectaron o sábado e o domingo de maneira individual. Non obstante, cómpre ollar estes datos con tino ao ser relativos á fin de semana.
Do total de contaxiados, 48 persoas permanecen hospitalizadas (igual ca onte). O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 26 pacientes en planta e sete na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 7.
Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia. Ademais, ata o momento curáronse 4.713 pacientes e fixéronse 98.051 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 812 probas.
GALICIA
No conxunto da comunidade galega, os positivos diarios experimentaron un novo descenso por terceiro día consecutivo. En concreto, rexístranse baixadas no número de contaxios en todas as áreas agás en Pontevedra. En canto aos casoa activos, sitúanse nos 8.669 (159 menos).