A provincia de Lugo rexistra de maneira oficial 539 vítimas de violencia machista

"O machismo non entende de idades, de contornas, está nas cidades e no rural, en todos os ámbitos", salientou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Manifestación contra a violencia machista | AXM

EFE | Galicia conta actualmente cun total de 3.733 vítimas de violencia machista censadas e baixo vixilancia das autoridades, informou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que agradeceu o compromiso de 37 municipios adheridos ao sistema de protección VioGén.

A provincia da Coruña rexistra un total de 1.721 vítimas de violencia de xénero censadas, seguida de 1.105 en Pontevedra, 539 en Lugo e 368 en Ourense, todas elas baixo supervisión e vixilancia para evitar ser agredidas de novo.

POR GRUPOS DE IDADE

A franxa de idade con maior número de vítimas é a de 31 a 45 anos, con 1.595 casos rexistrados, seguida  da de 46 a 64 anos con 1.058 casos e a continuación as de 18 a 30 anos con 924. Ademais, hai 135 de agresións a mulleres de 65 anos ou maiores e outros 20 casos de vítimas menores de idade, indica a Delegación do Goberno nun comunicado.

“É moi preocupante que continuemos con estas cifras. O machismo non entende de idades, de contornas, está nas cidades e no rural, en todos os ámbitos. Mentres exista un só caso, non debemos deixar de loitar”, salienta Losada.

O delegado do Goberno destaca a necesidade de “promover a igualdade entre homes e mulleres”, como indica que fai o Goberno central, e apunta que as institucións galegas recibiron 25,5 millóns de euros desde 2018 como parte do pacto de Estado contra o machismo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here