InicioSociedade"Sempre fomos mulleres atrevidas, non deixamos que nos comeran as trabas polo...

“Sempre fomos mulleres atrevidas, non deixamos que nos comeran as trabas polo camiño”

Hai cousa de dous anos Maica e Marta montaron en Lugo un negocio de comida caseira para levar: "a moitas persoas non lles gusta cociñar ou non teñen tempo, pero en cambio si que lles gusta comer san. Nós facémolo posible". Agora 'Como en casa' pega un chimpo e trasládase ao centro da cidade cunha oferta máis variada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cando Marta Vázquez e Maica García pensan no que significa iso do Día da Muller Emprendedora —que se celebra hoxe, 19 de novembro—, chámanse a si mesmas “kamikazes” entre risas. “Nós deixamos os nosos traballos seguros por algo incerto, pero no que confiabamos”. O seu proxecto é ‘Como en casa’, un negocio de comida caseira para levar que xa montaron hai cousa de dous anos e que agora está a piques de dar un salto importante ao trasladarse ao centro de Lugo.

Comezaron “por casualidade” e porque “chega unha idade na que tes que facer o que che gusta“. As súas profesións de xornalista e profesora de inglés quedábanlles pequenas daquela e o corpo xa lles pedía un cambio. “Agora ou nunca”, pensaron cando coñeceron a “oportunidade” dos viveiros de empresas que ofrece o Concello de Lugo no CEI Nodus. “Sempre fomos mulleres atrevidas, non deixamos que nos comeran as trabas polo camiño”, subliñan.

COMER SEN COCIÑAR

Coas ideas claras, moitas ganas e tamén algo de “medo” e “vertixe“, souberon que a cociña era o lugar dende onde querían facer algo novo.  “Tiñamos aí o run-run. Houbo un día no que estabamos ceando e o meu home dixo ‘eu pagaría por esta comida’. Aí comecei a pensar nesa posibilidade de verdade”, relata Marta.

Marta e Maica, diante do local de ‘Como en casa’ no CEI Nodus | LX

E mans á masa! “Démonos conta de que hai moitas persoas ás que non lles gusta cociñar ou non teñen tempo, pero ás que si que lle gusta comer san”, así que ‘Como en casa’ leva un par de anos ofrecendo menús variados e equilibrados para desfrutar no domicilio.

É un modelo de negocio que funciona porque cada vez andamos máis ás presas e non dispoñemos do tempo preciso para pensar que facer de comer, ir á compra e logo cociñalo.  Ademais, daquela vían un “oco no mercado” ao non haber moitas opcións deste estilo en Lugo. Agora, coa pandemia, moitos restaurantes tamén se sumaron a esta “tendencia que vén para quedar”. 

PROXIMAMENTE, EN BISPO AGUIRRE

Elas, pola súa parte, pensan xa na reinvención. No medio dunha mudanza que as levará ata un local da rúa Bispo Aguirre a principios de decembro, explican que a súa idea é ofrecer menús máis abertos, produtos gourmet e a posibilidade de mercar pratos sen ter que encargalos previamente.

“O mellor disto é ver que a xente repite. A satisfacción do traballo ben feito”, confesan Marta e Maica, que din estar “moi orgullosas” do conseguido. Tampouco lles falta ilusión para o que vén.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...