InicioSociedadeLara Méndez pide "implicación" cidadá para reverter os "malos" datos da pandemia

Lara Méndez pide “implicación” cidadá para reverter os “malos” datos da pandemia

Lanzou unha mensaxe aos veciños para ser "coidadosos" e non formar "grupiños" ao ir "buscar un café" ou "cando se vai levar os nenos ao colexio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, amosou a súa “preocupación” pola evolución da pandemia no concello e pediu a “implicación de todos os veciños” para “reverter” a situación.

Tras unha reunión telemática con persoal da Consellería de Sanidade e coa Xerencia do HULA, a rexedora local considera que os datos de Lugo “non son bos”. Trasladou a súa intención de “seguir traballando e incidindo na concienciación cidadá” dende o Concello.

“Temos que ter coidado, sobre todo polo que está pasando nos últimos días”, dixo. Estas palabras chegan un día despois de que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, expuxera publicamente dúbidas sobre o respecto das medidas restritivas en Lugo. “Non se están cumprindo de maneira franca”, declarou onte o titular de Sanidade.

Lara Méndez lembrou que “é imprescindible que nos impliquemos todos e cada un dos veciños”. “Evitemos concentrarnos cando imos buscar un café, aínda que só sexa para saudarnos ou preguntar que tal estamos. Evitemos formar grupiños cando levemos os nosos nenos ao colexio”, exemplificou a alcaldesa.

Ademais, asegurou que o Concello traballará de forma conxunta coa Xerencia do HULA para minimizar algúns focos nos que se percibe maior incidencia e maior risco de contaxio.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...