InicioSociedadeSoben os casos activos en Lugo ao tempo que aumentan os ingresos

Soben os casos activos en Lugo ao tempo que aumentan os ingresos

A área sanitaria atende 63 persoas hospitalizadas: 37 no HULA (delas, catro na UCI), 19 na Mariña e 7 en Monforte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo sofre un aumento no total de casos activos por coronavirus e xa alcanza os 1.148, o que supón 32 máis respecto de onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 42 novos positivos a través de PCR, segundo comunica o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Este incremento tamén vén acompañado dunha maior presión nos hospitais, que xa atenden 63 pacientes (cinco máis ca onte).

O Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) continúa con 37 ingresados, catro deles na UCI. Mentres, no Hospital da Mariña hai dúas persoas máis en planta para un total de 19; e en Monforte, xa son sete os hospitalizados (tres máis ca na anterior actualización de datos).

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 105 falecidos. O último foi un home de 60 anos que permanecía no HULA. Ata o momento realizáronse 87.421 PCR e 69.174 probas serolóxicas.

GALICIA: MÁIS DE MIL MORTOS

No día de onte, a comunidade galega bateu un triste récord ao superar os mil falecementos por coronavirus dende o inicio da pandemia. Este luns morreron 21 persoas diagnosticadas de coronavirus.

No que respecta ao resto de cifras, o Sergas notifica unha baixada dos casos activos (9.952; isto é, 63 menos ca o luns) e unha baixada tamén dos novos contaxios (383). Do total de pacientes positivos, 514 están en unidades de hospitalización (+3) e 95 na UCI (+1).

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...