Seguen aumentando os casos en Lugo, nunha xornada de récord en Galicia

Hai case medio milleiro de contaxiados máis nun día.

Dúas sanitarias preparan probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo) / EP

Os positivos por Covid-19 detectados en Galicia por PCR nas últimas 24 horas subiron a 514 en todo o país, o que supón a cifra máis elevada do que vai de segunda onda e a segunda de toda a pandemia, tras os 516 detectados o 29 de marzo. Do total 131 corresponden á área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Así se reflicte nas cifras actualizadas na mañá deste venres na web da Consellería de Sanidade con datos solicitados ata as 18,00 horas deste xoves, recollidos por Europa Press, nos que se constata que tras a de Santiago, a área con máis positivos foi a da Coruña e Cee, con 92; seguida de Vigo e Ourense con 64 en cada caso; Pontevedra e O Salnés, con 59; Ferrol, 58; e Lugo, 46.

Os casos activos tamén experimentaron un incremento de 205 en Galicia, que se sitúa con 5.880. Con respecto aos datos da xornada pasada, este venres todas as áreas rexistran aumentos, agás a de Ourense, onde baixan noutros 40 ata os 1.449.

Por contra, soben en 92 na área de Santiago e Barbanza, que se coloca con 983; a da Coruña rexistra 53 máis ata os 964; a de Ferrol suma outros 46 e ten 329; a de Pontevedra aumenta a 595, o que supón 31 máis; a de Lugo sobe en 13 ata os 555 e a de Vigo suma dez máis ata os 1.005.

Ata a data curáronse en Galicia 24.573 persoas, o que implica 318 máis que as rexistradas este xoves e realizáronse 616.297 PCR fronte ás 609.516 da xornada anterior.

VÍTIMAS MORTAIS

En canto aos falecidos, en Galicia morreron 856 persoas con Covid-19, tras notificar Sanidade nove vítimas na tarde deste xoves, tres deles relacionados con residencias de anciáns.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here