InicioSociedadeLugo non escapa a virulencia da segunda onda da pandemia

Lugo non escapa a virulencia da segunda onda da pandemia

Hai 46 novos contaxiados o xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os positivos por Covid-19 detectados en Galicia nas últimas 24 horas por PCR volveron a repuntar tras sumar outros 461 –o que supón 20 máis que a xornada anterior–, deles 111 corresponden á área sanitaria de Vigo e 78 á de Santiago e Barbanza. Lugo suma 46 novos contaxiados.

Así se reflicte nos datos publicados na mañá deste xoves na web do Sergas con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, nos que se indica que en Ourense houbo 76 novos positivos por PCR confirmada nas últimas 24 horas; 65 na área da Coruña e Cee; 50 na de Pontevedra e O Salnés e 35 na de Ferrol.

Os casos activos tamén se incrementaron ata os 5.675, o que supón 218 máis con respecto aos datos deste mércores. En concreto, soben en todas as áreas sanitarias agás na de Ourense, onde volven descender lixeiramente en cinco e sitúanse en 1.489.

Mentres, o maior incremento de casos activos corresponde á área de Vigo, con 95 máis ata os 995; seguida de Santiago, cunha subida de 40 ata os 891; 32 máis en Ferrol, que conta con 283; 26 na de Pontevedra e O Salnés que se sitúa en 564; outros 24 máis na de Lugo ata os 542; e seis na da Coruña e Cee, que ten 911.

En Galicia curáronse ata o momento 24.255 persoas, o que supón 243 máis que as rexistradas ata este mércores. E realizáronse un total de 609.516 PCR e 391.246 probas serológicas.

VÍTIMAS

Ata a data faleceron en Galicia 847 persoas. As últimas 11 vítimas foron notificadas na tarde deste mércores, seis delas procedentes da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar (Ourense).

En concreto, as últimas falecidas foron unha muller de 87 anos ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña, unha muller de 85 ingresada no Complexo Hospitalario de Ferrol e unha muller de 88 anos ingresada no Clínico de Santiago.

Así mesmo, morreron unha muller de 77 anos e un home de 94 que se atopaban ingresados no Hospital de Verín (Ourense) e tres mulleres –de 99, 90 e 82 anos– que estaban no Complexo Hospitalario de Ourense. As tres últimas vítimas procedían da residencia Os Gozos, de Pereiro de Aguiar.

A maiores, nesta mesma residencia ourensá rexistráronse tres novos falecementos, os de dúas mulleres de 92 e 87 anos e o dun home de 89 anos.

Este número de vítimas –11 nunha xornada– é das máis altos que comunicou Galicia en nova normalidade. En concreto, o pasado 13 de outubro, hai pouco máis dunha semana, Sanidade tamén comunicou 11 falecidos, a cifra máis alta rexistrada na Comunidade desde o 26 de abril, cando morreron 15 persoas en relación á covid-19.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...