ADIF, Xunta e Concello de Lugo tratarán o convenio da estación intermodal este luns

Segundo informa o Consistorio lucense, a rexedora, Lara Méndez, confía en que esta nova reunión sirva para dar "pasos en firme para pechar canto antes o convenio" entre o tres administracións.

Reunión entre a presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Beira, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para abordar o convenio da estación intermodal.. CONCELLO DE LUGO

A presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, reúnense este luns para avanzar no acordo da estación intermodal.

Segundo informa o Consistorio lucense, a rexedora confía en que esta nova reunión sirva para dar “pasos en firme para pechar canto antes o convenio” entre o tres administracións.

“Lugo necesita que se avance neste acordo para que a cidade non quede descolgada das intermodais de Galicia, tendo en conta o déficit de comunicacións que xa sufrimos e a importancia desta infraestrutura para mellorar a mobilidade non só do municipio, senón de toda a súa área de influencia“, abordou Méndez.

A última reunión para abordar o estudo do convenio estaba prevista para febreiro, pero foi posposta –explica o Concello– “a petición da Xunta co fin de que non se mesturase coa precampaña electoral” autonómica. Mentres tanto, si se celebraron reunións técnicas “con boa sintonía” entre institucións, engade.