Os casos hospitalizados por COVID na área de Lugo suman 49 pacientes, cinco en UCI

O seguimento domiciliario aplícaselle a 581 persoas.

Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) | LX

A área sanitaria de Lugo suma un total de 49 persoas ingresadas por COVID. Delas cinco están en UCI, todas no HULA.

As 44 persoas ingresadas restantes repártense entre 35 no HULA e 9 en Polusa. O seguimento domiciliario aplícaselle a 581 persoas. Mentres Sanidade di que se curaron 2.333 persoas na área sanitaria.

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados en Galicia aumentaron ata os 242, o que supón sete máis que este xoves, dos que 32 permanecen ingresados en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que a xornada pasada.

 

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here