O Sergas di que Lugo “segue tendo características de alto risco” e mantén as restricións

Terrazas en Campo Castelo | LX

A evolución da situación na comarca de Lugo avala para Sanidade que se manteñan as medidas restritivas a pesar de que “a evolución deste brote non está a empeorar” e as taxas mantéñense acumuladas a tres, sete e 14 días en niveis altos.

Así consta nas diferentes ordes publicadas por Sanidade no Diario Oficial de Galicia (DOG), recollidas por Europa Press, tras a reunión celebrada este mércores do comité clínico para avaliar a evolución da pandemia en Galicia.

Para Sanidade a situación en Lugo “segue tendo características de alto risco, como son a taxa de incidencia no últimos tres días, que se manteñen en niveis de risco algo”. Deste xeito, conclúe que “o informe recomenda continuar coas medidas xa establecidas no concello de Lugo” desde o 28 de agosto.

En xeral, nestas áreas estará vixente a limitación de aforamentos ao 50% en establecementos comerciais, de restauración ou de hostalaría, así como a redución en celebracións, velorios e lugares de culto. En hostalaría está prohibido o consumo en barra e as reunións limítanse a 10 persoas como máximo –no caso de Ourense a cinco–.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here