InicioSociedadeLugo, unha das áreas onde máis baixan os casos activos de covid

Lugo, unha das áreas onde máis baixan os casos activos de covid

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo, a pesar de ser unha das máis afectadas durante o desconfinamento, está sendo, nos últimos días, a zona na que máis recuperacións están tendo lugar. Nas últimas horas houbo nove casos activos menos, polo que o número total de afectados é de 772 casos.

Deles, tres están na UCI do HULA, 55 en hospitalización –2 no Hospital Público da Mariña, 4 no Hospital Público de Monforte, 15​ no Polusa e o resto no HULA e 714 en domicilio, segundo os datos facilitados polo Sergas.

En Galicia, os casos activos de coronavirus COVID-19 descenderon en 11 nas últimas 24 horas tras detectarse 224 novos positivos na Comunidade galega e rexistrarse 235 novas altas, ademais de cinco falecementos.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, os casos activos baixan na área de Santiago e Barbanza –con 24 menos– e A Coruña –un menos–, mentres que soben en Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.

Así, dos 4.306 casos activos rexistrados en Galicia, 1.236 corresponden á área sanitaria da Coruña –un menos que este mércores–, 772 á de Lugo –nove menos–, 635 á de Santiago -24 menos–, 584 á de Pontevedra –sete máis– 503 á de Ourense –tres máis–, 394 á de Vigo –sete máis– e 182 á de Ferrol –un máis–.

Ata a data, segundo os datos actualizados por Sanidade curáronse en Galicia 16.064 persoas, o que supón 235 máis que este mércores, e faleceron 701 persoas con COVID-19.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...