InicioSociedadeTres falecementos por Covid na residencia de Outeiro de Rei nas últimas...

Tres falecementos por Covid na residencia de Outeiro de Rei nas últimas horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

As vítimas que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia ascenderon a 694, tras falecer nas últimas horas outras dúas persoas diagnosticadas de COVID-19 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e na residencia DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, respectivamente. Con este novo falecemento, soben a tres as mortes neste centro nas últimas horas.

Segundo se recolle no parte de datos diario da Consellería de Sanidade, este luns faleceu no centro DomusVi Lugo, en Outeiro, unha muller de 99 anos que, tal e como explican fontes sanitarias, contaba con patoloxías previas.

Estes dous novos falecementos, que elevan a 694 o cómputo de vítimas en Galicia, prodúcense despois de que este luns Sanidade notificase seis mortes en toda a xornada. Dúas delas, correspondentes con mulleres de 87 e 80 anos, respectivamente, tamén eran usuarias do centro de Outeiro de Rei, aínda que estaban ingresadas no Hospital Lucus Augusti (HULA).

75 FALECIDOS DESDE ‘NOVA NORMALIDADE’

Desde o comezo da ‘nova normalidade’, o número de pacientes falecidos coa enfermidade en Galicia é de 75 persoas, tras a morte dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...