InicioSociedadeRebelión de pais e nais no CEIP Veleiro de Castro de Rei:...

Rebelión de pais e nais no CEIP Veleiro de Castro de Rei: “Non levaremos aos nenos ata que non desdobren as aulas”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os pais de 6º do CEIP Veleiro de Castro de Rei avisaron que os seus fillos non irán a clase ata que a Consellería de Educación realice o desdobre da aula. Un dos portavoces das familias, Antonio Balado, explicou que a clase estivo separada con 26 alumnos, pero “agora un repetiu curso e as matrículas que hai son 25”, polo que se xuntaron dúas aulas.

Este non é o ano máis oportuno para que xunten as clases, por riba, con medio curso perdido e estamos no ano anterior á saída dos nenos cara ao instituto”, engadiu, para advertir da “complexidade” da situación para moitas familias que teñen maiores ao seu coidado “vivindo en casa” e compartindo espazos cos mozos.

Balado argumentou que o cociente recomendado polo Goberno Central é de 20 alumnos e “a Organización Mundial da Saúde fala de 15”. A pesar diso, é a Consellería quen “ten a última palabra”, aínda que se sinala que “non é un problema de diñeiro” para tomar este tipo de decisións.

O portavoz dos pais criticou que neste curso non sexa necesaria “esa separación de metro e medio entre alumno” e que, un despois (xa no instituto), si que se teña que cumprir con ese criterio de distancia entre os pupitres. “Non comprendemos iso, ao final si que é un criterio económico onde se están escatimando medios”, resolveu.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...