InicioSociedadeA provincia de Lugo e o leste de Ourense permanecerán este luns...

A provincia de Lugo e o leste de Ourense permanecerán este luns en aviso amarelo por choivas e treboadas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo e o leste da de Ourense estarán este luns 14 de setembro en alerta amarela (risco) por choivas e treboadas, segundo a Axencia Estatal de Meterología (AEMET).

A entrada dunha fronte atlántica en niveis altos polo oeste da Península, deixará os ceos nubrados, con probables chuvascos e treboadas a partir da tarde en Galicia, Asturias, oeste de Castela e León e norte de Estremadura, que serían “localmente fortes” no interior noroeste, sen descartalo no resto de zonas citadas.

Tamén é posible, aínda que con baixa probabilidade, algún chuvasco ou treboada “dispersa e ocasional” en Cantabria, resto de ambas as mesetas e do sistema Central, noroeste de Andalucía e Sierra Nevada.

No resto de Esapaña predominarán os ceos pouco nubrados ou con intervalos de nubes medias e altas. No entanto, pola mañá espéranse intervalos de nubes baixas no litoral sueste, área do Estreito, Melilla e, con posibles bancos de néboa, en Baleares.

As temperaturas diúrnas baixarán na metade oeste e centro da Península, de forma notable en Galicia, aínda que manténdose en valores superiores aos habituais no extremo norte, especialmente no País Vasco, onde os termómetros alcanzarán os 35 graos no interior de Bizkaia e os 34 graos no interior de Gipuzkoa.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...