InicioSociedadeNove sanitarios contaxiados e 50 illados na área sanitaria de Lugo

Nove sanitarios contaxiados e 50 illados na área sanitaria de Lugo

A área sanitaria é xa a que máis casos de contaxios acumula en Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incremento de casos na área sanitaria de Lugo, que sumou 55 positivos máis, ata un total de 730 pacientes, está provocando tamén que aumente a presión sanitaria na provincia, especialmente, no HULA. De feito, xa hai nove sanitarios contaxiados e 50 illados por mor dos numerosos gromos, algúns xa contaxios comunitarios, como no caso de Lugo e Monforte.

Segundo apunta David Vázquez, de CIG-Sanidade, no HULA hai dez profesionais illados nunha planta. “Chamaron a xente de listas paralelas pero algunhas destas persoas non traballou nunca nesa planta e hai certa saturación”, recoñece pero, polo momento, non se están dobrando quendas, nin traballando máis horas.

Con todo, quéixase da falta de previsión do Sergas ante o aumento de casos. “O único que se limitan a dicir é que se están seguindo os protocolos que marca o Ministerio de Sanidade”, suliña Vázquez que recrimina que a Xunta non teña unha actuación propia para facer fronte os numerosos focos da provincia.

Entre o sector sanitario estase vivindo con “certa preocupación” o aumento de casos na provincia e hai certo temor a que se saturen algúns servizos ou a que a falla de persoal se agudice.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...