As persoas afectadas pola COVID aumentan a 57 na área sanitaria de Lugo

En total, hai tres persoas en UCI dentro do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Cartoce afectados están en hospitalización no mesmo hospital. Logo, 587 están en observación domiciliaria.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press

A área sanitaria de Lugo rexistra 604 casos activos, 57 máis que o pasado venres 28 de agosto.

En total, hai tres persoas en UCI dentro do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Cartoce afectados están en hospitalización no mesmo hospital. Logo, 587 están en observación domiciliaria.

O histórico recolle 34 falecementos dentro da área sanitaria e 1.345 altas.

RESIDENCIAS

En canto ás residencias da provincia, 86 persoas están afectadas na residencia do Incio, 26 son traballadores. Un traballador na residencia de Paradela, dous na residencia de DomusVi Lugo en Outeiro de Rei e un na residencia de maiores de San Bartolomeu en Xove.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here