A alcaldesa pide “responsabilidade” para reducir a duración das medidas da Xunta

Así mesmo, a alcaldesa avanzou que o Concello postpón a celebración do Caudal Fest ata que mellore a situación sanitaria.

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ante as directrices avanzadas este venres pola Xunta, que impón medidas máis restritivas ao municipo ante a evolución do brote do coronavirus, insta á cidadanía a “extremar as precaucións” e actuar con “responsabilidade” para controlar a pandemia e “reducir no tempo” as “duras” medidas adoptadas pola Xunta.

A rexedora pediu que non se “estigmatice” ningún barrio da cidade e instou á Consellería de Sanidade a ofrecer “información clara e detallada” para “non alarmar” á poboación.

Así mesmo, a alcaldesa incidiu en que o Concello “manterá e incrementará” os dispositivos de limpeza e desinfección, activados desde o primeiro día da pandemia, así como a vixilancia da Policía Local, que “xa se reforzou, especialmente nas zonas máis afectadas, nos últimos días”.

Entre outras decisións, o Consistorio informou este venres de que mantén cortada a auga nas fontes públicas da cidade para evitar a propagación da COVID-19.

CAUDAL FEST E OUTROS EVENTOS, APRAZADOS

Así mesmo, a alcaldesa avanzou que o Concello postpone a celebración do Caudal Fest ata que mellore a situación sanitaria.

Tamén aprazará os actos culturais previstos para o fin de semana, como os ‘Reencontros Musicais Fa Ce A Fest’, que se celebrarían este sábado, e o ‘Jazz Session’, prevista para este domingo.