InicioSucesosA Xunta busca reunirse co Goberno central e Concello para negociar o...

A Xunta busca reunirse co Goberno central e Concello para negociar o financiamento da intermodal

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, sinalou que o AVE "é difícil que chegue a Ourense en 2021, máis difícil é que chegue a Lugo", dixo e sinalou que, polo que ela sabe, as obras non están en marcha. Así, insistiu en abordar a chegada do AVE e a intermodal "conxuntamente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pediu este venres a convocatoria dunha reunión “canto antes” co Goberno central e o Concello de Lugo para negociar os puntos nos que non hai acordo para a construción da estación intermodal da cidade, como é o do financiamento.

Durante a súa visita á cidade, Vázquez manifestou, en declaracións aos medios, que para lograr acordos “hai que empezar polo principio”, que é pactar o financiamento que achegará cada parte. En calquera caso, considerou que avanzar no proxecto “non tería sentido sen un cronograma claro sobre a chegada da alta velocidade a Lugo”.

“É difícil que chegue a Ourense en 2021, máis difícil é que chegue a Lugo”, dixo e sinalou que, polo que ela sabe, as obras non están en marcha. Así, insistiu en abordar a chegada do AVE e a intermodal “conxuntamente”.

O resto de estacións intermodais de Galicia, agregou, son “o resultado dunha traxectoria de colaboración e traballo conxunto” co Goberno central e varias delas atópanse na actualidade en execución.

En canto á rolda este de Lugo, Vázquez asegurou que o proxecto se licitará este ano, como se comprometeu a Xunta, e sinalou que “hai unha partida orzamentaria concreta”. “Ninguén pode dubidar de todos os investimentos da Xunta en Lugo”, defendeu.

POSTURA DO CONCELLO

Pola súa banda, o Concello mostrouse “sorprendido” por estas declaracións da titular de Infraestruras e asegurou que os equipos técnicos do tres administracións implicadas na intermodal (Adif, Xunta e Concello) “levan meses traballando nos proxectos de forma consensuada”.

A última reunión técnica foi o 5 de marzo, agregou, e nela tratáronse unicamente temas de carácter técnico e excluíuse o convenio da mesma “a petición expresa” da Xunta por ser época preelectoral. Ademais, indicou que hai unha proposta inicial de convenio sobre a que se traballa e á que se lle foron facendo achegas.

Unha vez pasadas as eleccións, este mesmo mes, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, indicoulle á alcaldesa, Lara Méndez, que convocará unha nova reunión “en breve”, información que a rexedora lle trasladou á conselleira este venres.

O Concello pediu un “compromiso expreso” da Xunta para avanzar na intermodal, posto que Lugo “é a cidade galega que vai con máis atraso”. Tamén expresou as súas dúbidas sobre que a rolda este se vaia a licitar este ano, posto que “aínda non hai unha redacción do proxecto, nin itinerario fixado nin expropiacións resoltas”.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...