A Xunta intervén a residencia do Incio para a protección da saúde de “usuarios e traballadores”

Tras coñecer o resultado positivo das probas realizadas a unha das profesionais que traballan na residencia do Incio, a Administración implementou o cribado de todas as persoas do centro realizando un total de 190 probas PCR no mesmo día.

Residencia do Incio

A Xunta de Galicia enviou unha nota coa que anuncia que  “vén de tomar a decisión de intervir a residencia de maiores do municipio lucense do Incio, tralo gromo de coronavirus detectado hoxe e que afecta a un elevado número de usuarios do centro”. Tras avaliar a evolución epidemiolóxica do centro coas consellerías de Sanidade e Política Social, acordaron tomar esta decisión “para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro“.

Coa intervención sanitaria da residencia, os profesionais do Servizo Galego de Saúde farán
un “seguimento médico constante das persoas usuarias desta residencia e supervisarán a correcta aplicación dos protocolos aprobados pola Xunta de Galicia”.

Tras coñecer o resultado positivo das probas realizadas a unha das profesionais que
traballan na residencia desta localidade lucense, e de acordo ao protocolo de brotes para as
residencias sociosanitarias, a Administración implementou o cribado de todas as persoas do
centro -usuarios e profesionais- realizando un total de 190 probas PCR no mesmo día.

Así, e tras coñecerse os resultados das probas diagnósticas, detectáronse 8 profesionais
positivos, de entre os 74 que integran a plantilla de traballadores do centro; e tamén 57 usuarios con diagnose positiva, do total 116 residentes da residencia do Incio. Así mesmo, a esta cifra hai que engadir 2 residentes máis que, malia non estar na residencia na xornada de onte durante a realización do cribado, ao estaren ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti, tamén obtiveron resultado positivo nas probas realizadas no HULA.

Con todo, até este momento, a totalidade dos residentes con resultado positivo son
asintomáticos. Ademais, o conxunto de traballadores con resultado positivo gardan
corentena no seu domicilio.

Desde esta mesma mañá, a Consellería de Sanidade desprazou un equipo sanitario até a residencia para reforzar a súa asistencia e tamén activou un conxunto de medidas para frear a expansión do virus no centro.

 

1 COMENTARIO

  1. Según parece a totalidade dos residentes positivos son todos asintomáticos (?)

    O virus que tres meses atrás MATABA sen piedade, agora seica nin síntomas teñen (?)

    RARO RARO RARO…

    Imos ver como remata o conto (?)

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here