InicioSociedadeA Deputación destina 24.000 euros para colectivos con capacidades diferentes

A Deputación destina 24.000 euros para colectivos con capacidades diferentes

O presidente da Deputación, José Tomé, subliñou o compromiso da institución cos colectivos do terceiro sector para mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con capacidades diferentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e a presidenta da Anpa do Centro de Educación Especial Santa María de Lugo e da Asociación de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace), María del Carmen Bermúdez Lodeiro, asinaron este xoves no Pazo de San Marcos dous convenios de colaboración para apoiar a estas dúas entidades.

O organismo provincial destina 12.000 euros para colaborar na actuación ‘Nós tamén xogamos’, que realiza a Anpa do Centro Santa María. Este programa consiste na realización de lecer e tempo libre con case 10 alumnos con discapacidade do colexio. As actividades realízanse durante o curso escolar e, ademais, durante cinco semanas no verán.

A Deputación destina outros 12.000 euros a Aspace para o ‘Programa de estimulación multisensorial’, que consiste na realización de actividades, como pode ser piscina climatizada ou sesións de fisioterapia, das que poden gozar case 20 usuarios.

O presidente subliñou o compromiso da institución cos colectivos do terceiro sector para mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con capacidades diferentes.

CURSO PARA MELLORAR A XESTIÓN DE EXPLOTACIÓNS

Por outra banda, a Deputación informou de que, en colaboración co Campus Terra da USC, organiza un curso en xestión técnico económica de explotacións leiteiras dirixido a profesionais do sector co fin de formalos neste ámbito ante o novo escenario provocado pola pandemia.

A formación, que será semipresencial, arrincará este venres a cargo do asesor agrogandeiro Xan Pouliquen. É gratuíta e dispón de 50 prazas.

ACTIVIDADES DE LECER

A institución provincial tamén informou de que organiza actividades gratuítas de lecer en espazos fluviais da provincia adaptadas á nova normalidade para promocionar o turismo interior e de natureza.

Desde este venres e ata o 6 de setembro desenvolveranse sete xornadas con kaiak, paddle surf, inchables e outros xogos nos concellos lucenses da Pontenova, Alfoz, Trabada, Guitiriz e Navia de Suarna.

Segundo a Deputación, aplicarase un estrito protocolo de seguridade para o desenvolvemento das actividades, con grupos reducidos de 10 persoas, circuítos de entrada e saída e un axente anti-covid para controlar as medidas preventivas e a desinfección do material.

As incripciones no programa, dirixido a maiores de seis anos, pódense facer unha hora antes de cada actividade ou no número de teléfono 636.504.155.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...