InicioSociedadeA área sanitaria de Lugo rexistra xa 104 casos de coronavirus

A área sanitaria de Lugo rexistra xa 104 casos de coronavirus

Os datos das residencias indican que dúas persoas empregadas están afectadas polo coronavirus, unha en Xove e outra en Paradela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria Lugo-A Mariña-Monforte supera xa as cen persoas afectadas por coronavirus. En concreto son 104 persoas, cinco máis que o pasado venres día 14 de agosto.

Polo de agora non se rexistran casos en UCI. Si hai catro persoas hospitalizadas e 100 están en observación domiciliaria.

En total, a Área Sanitaria de Lugo rexistrou 29 falecementos pola COVID 19. Foron dadas de alta 1.250 persoas, o que sumado aos falecementos da un resultado de 1.383 casos en total.

RESIDENCIAS

No caso das residencias de maiores, os datos indican que non hai persoas afectadas entre usuarios. Pola contra si hai dúas persoas traballadoras destas residencias. En concreto unha na residencia San Bartolomeu de Xove e outra máis na residencia de Paradela.

 

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...