InicioSociedadeOs controis de seguridade serán reforzados durante as Noites Caudal Fest

Os controis de seguridade serán reforzados durante as Noites Caudal Fest

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do edificio administrativo da Xunta de Galicia, situado na Rolda da Muralla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reforzará os controis de seguridade e de cumprimento das medidas de prevención da COVID-19 durante a celebración das Noites Caudal Fest, unha serie de concertos con aforamento reducido que terán lugar do 3 ao 20 de setembro.

Diso informou o Consistorio de Lugo nun comunicado, no que sinala que a alcaldesa, Lara Méndez, e a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, participaron este mércores na xunta de local de seguridade para coordinar o dispositivo que se porá en marcha con motivo deste evento.

Na reunión, conforme sinalou o Concello, incidiuse na necesidade de extremar as medidas de seguridade habituais neste tipo de eventos, ademais de articular as “máis estritas cautelas sanitarias para cumprir cos protocolos marcados pola COVID-19”.

“Somos conscientes de que veñen grupos que atraen a numeroso público e debemos evitar as aglomeracións nas súas inmediacións”, sinalou Lara Méndez.

A rexedora lembrou que o Caudal Fest adopta este ano un formato diferente, moito máis reducido, con aforamentos máximos de 800 persoas en cada un dos doce concertos previstos, que se celebrarán en escenarios urbanos en substitución da contorna do río.

“Debemos garantir a prevención máxima da saúde á vez que tentamos revitalizar aos sectores culturais e hostaleiros“, indicou.

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

Por outra banda, a xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou este mércores a rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética do edificio administrativo da Xunta de Galicia, situado na Rolda da Muralla, por un importe total de 1.319.719 euros e un prazo de execución de 12 meses.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...