InicioSociedadeBaixan levemente os casos de Covid na área de Lugo

Baixan levemente os casos de Covid na área de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Lugo baixaron, a pesar de que en Galicia segue en aumento tras sumar outros seis con respecto a este mércores. Deste xeito, a cifra sitúase en 412 –tras subir en catro áreas e baixar en tres–, dos que 156 corresponden á da Coruña e Cee –cinco menos que a xornada pasada–, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 17 permanecen en unidades de hospitalización convencional –un menos que este mércores– e dous na UCI –sen cambios–, mentres que 393 atópanse en seguimento domiciliario –sete máis respecto da xornada pasada–.

Dos 412 casos activos, 156 corresponden á área da Coruña e Cee –cinco menos que este mércores–; 73 á de Lugo –un menos–; 75 á de Vigo –un máis–, 41 á de Pontevedra e O Salnés –seis máis–; 32 á de Ourense –tres máis–; 30 á de Santiago –dúas máis– e cinco á de Ferrol –sen cambios–.

Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.369 persoas, 38 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 258.978 fronte ás 257.156 rexistradas ata este mércores, apuntou Sanidade.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...