InicioSociedadeRibera Salud faise co control do Hospital Polusa de Lugo

Ribera Salud faise co control do Hospital Polusa de Lugo

Este grupo sanitario tamén é propietario do hospital Povisa de Vigo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo sanitario Ribera Salud e alcanzou un acordo cun grupo de accionistas do Hospital Polusa de Lugo para facerse cunha participación maioritaria no centro sanitario, segundo informou a propia empresa. O peche da operación está pendente das autorizacións pertinentes, precisa, polo que aínda non se fixo efectivo.

Con este proxecto, “Ribera Salud consolida a súa expansión e crecemento na comunidade galega onde conta co Hospital Povisa de Vigo desde finais de 2019″, engade o grupo sanitario. Os asesores de Ribera Salud que participaron na operación foron Deloitte (asesor financeiro) e Cuatrecasas (asesor legal).

O Polusa é un hospital que conta con 97 camas, 5 quirófanos, unha unidade de pacientes xeriátricos, un hospital de día oncolóxico, radiodiagnóstico, laboratorio clínico e un persoal de 135 profesionais.

En canto a Ribera Salud, é un grupo sanitario con máis de 20 de anos de experiencia na xestión de proxectos relacionados coa saúde, que ten 5.800 traballadores e proporciona asistencia a 750.000 pacientes.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...