InicioSociedadeA Policía Local de Lugo incrementa o seu persoal con 50 novos...

A Policía Local de Lugo incrementa o seu persoal con 50 novos axentes

Lara Méndez destaca o "bo traballo realizado pola Policía Local", non só durante o período de estado de alarma, se non "nos meses anteriores".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo terá este ano 50 novos axentes nas súas filas, co que sumará unha cifra total de 129 traballadores, unha acción que vén paliar a redución de persoal sufrida o pasado ano 2019, cunha trintena de xubilacións.

Así, o corpo de seguridade local recibirá agora 23 axentes máis, que se suman aos 22 que foron incorporados durante o primeiro semestre deste ano, grazas á convocatoria da Axencia Galega de Seguridade Pública.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, eloxiou este mércores o “bo traballo realizado pola Policía Local”, non só durante o período de estado de alarma, se non “nos meses anteriores”, para buscar “a paz social” e a boa “convivencia entre todos os cidadáns”.

Grazas ao incremento do persoal do corpo policial, pasarán “de 67 a 12 o número de axentes” que “restarían para dimensionar de forma adecuada” a xefatura da Policía Local de Lugo segundo “o cociente de poboación do concello”, segundo dixo a rexedora.

Este mércores, a xunta de goberno local aprobou tamén a contratación, mediante reting, dun vehículo híbrido crossover, e os pregos para a adquisición de tres novos vehículos híbridos destinados a patrullar a cidade. Lara Méndez dixo que estas “dotacións” pasarán a incluírse no “parque móbil municipal” e que mellorarán “as ferramentas a disposición” dos axentes, para “desenvolver con maior seguridade o seu labor”.

ÚLTIMAS

Rede Museística Provincial, un modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto da...

O Concello defende a seguridade das Festas do San Froilán pero anuncia cambios para futuras edicións

Membros da Corporación municipal, co alcalde á cabeza e acompañados polo deputado Efrén Castro,...

BNG de Lugo di que os orzamentos da Xunta mostran “falta de proxectos”

A deputada do BNG por Lugo Olalla Rodil asegurou que os orzamentos da Xunta...

A CEG critica a ecoloxistas e partidos que “rexeitan sistemáticamente” novos proxectos como o de Grupo Lence en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamentou o "rexeitamento sistemático" promovido, ao seu xuízo,...